Novas

O Concello conmemora o Día das Letras Galegas cun roteiro de 2,7 quilómetros polos lugares do municipio destacados na vida de Francisco Fernández del Riego

Lourenzá, 9 de abril de 2013. O Concello de Lourenzá conmemorará o Día das Letras Galegas o vindeiro 17 deste mes cun roteiro de 2,7 quilómetros polos lugares do municipio que foron destacados na vida de Francisco Fernández del Riego. Para esta actividade editouse unha guía e os interesados en conseguila deben inscribirse na biblioteca municipal en horario de cinco a oito da tarde ata o mércores día 15.

Co arranxo dun muro en pedra na área recreativa da Fonte do Cura remataron as obras programadas no concello de Lourenzá para ser executadas polos alumnos do obradoiro de emprego

Co arranxo dun muro en pedra na área recreativa da Fonte do Cura, que está na parroquia de Santo Tomé, remataron as obras programadas no concello de Lourenzá para ser executadas polos alumnos do obradoiro de emprego que este Concello comparte con Barreiros e Mondoñedo. Esta actuación foi supervisada polo concelleiro de Obras, Dino Vidal.