Novas

Novas do Concello

A SALA DE EXPOSICIÓNS MUNICIPAL ACOLLE DENDE HOXE ATA O DÍA 18 DESTE MES UNHA MOSTRA SOBRE O CAMIÑO NORTE DE SANTIAGO

A sala de exposicións do Concello de Lourenzá acolle dende hoxe, mércores, ata o 18 deste mes, unha mostra de imaxes do Camiño Norte de Santiago.

A exposición consta de 18 paneis nos que amosan as principais manifestacións artísticas, históricas e naturais desta ruta xacobea na que Lourenzá ocupa un lugar importante. A información que recollen os paneis ofrece ao visitante unha visión de todo o patrimonio artístico e histórico existente nos distintos lugares polos que discorre o Camiño.

Nerea Bajatierra, BRONCE GALEGO XUVENIL + ÉXITO NO PROVINCIAL DE MENORES DE PISTA CUBERTA BX, AV E INFANTIL DAS ESCOLAS CON 16 METAIS

GALEGO XUVENIL

Desprazabanse ó final 3 atletas ó Galego xuvenil o pasado sábado a Riazor coa baixa de última hora de Luís López por lesión.

Nerea Bajatierra lograba adxudicarse a medalla de bronce en Lanzamento de Peso 3 kg cun mellor lanzamento de 10,53; só superada pola campiona Mar Pérez(Celta de Vigo) 11,99 e a segunda clasificada Andrea Glez. (C.A. Santiago) con 10,56.

A NENA LAURENTINA ANTÍA LILLO IRIMIA FOI PREMIADA NA FASE PROVINCIAL DO CERTAME DE POESÍA DE NADAL

A nena laurentina Antía Lillo Irimia foi premiada na fase provincial do certame de poesía infantil de Nadal 2015, concretamente na categoría C.

O poema de Antía Lillo titúlase Lume aceso no nadal e a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, comentou: “dende o Concello queremos felicitar á premiada pola gran calidade do traballo presentado”.

O poema manuscrito pola súa autora será publicado na páxina web do Concello.

O SALÓN DE ACTOS MUNICIPAL ENCHEUSE DE PÚBLICO ONTE NA CHARLA DO CARDIÓLOGO RAMÓN RÍOS SOBRE O INFARTO DE MIOCARDIO

O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá encheuse de público onte con motivo da charla sobre o infarto de miocardio ofrecida polo cardiólogo Ramón Ríos, que traballa no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), onde é membro do equipo do doutor Carlos Juanatey. Este evento foi organizado polo Concello de Lourenzá, concretamente dende a Concellería de Servizos Sociais que dirixe Mercedes Dengra, en colaboración coa Federación Veciñal Lucus Augusti.

Ainara e Iria Rguez. conquistan Padrón na súa XVI Popular

Non hai carreira que se lles resista. O pasado sábado as atletas do Maderas Barcia viaxaban á prestixiosa popular de Padrón onde impoñían a súa lei na categoría benxamín Iria e na infantil Ainara; nunha carreira onde participaron máis de 1500 atletas.

En Infantil Feminino Ainara Rguez. gañaba por diante dunha das sensacións da temporada pasada Deki Mato do Millaraio de Santiago e de Noelia Castro tamén do Millaraio.

O SALÓN DE ACTOS DA CASA DO CONCELLO ACOLLERÁ UNHA CHARLA SOBRE AXUDAS PARA INVESTIMENTOS EN EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS. SERÁ O VINDEIRO LUNS ÁS 16 HORAS

O Concello de Lourenzá organiza unha charla informativa sobre as axudas para os investimentos nas explotacións agrícolas convocadas para este ano 2016. Será impartida por José Manuel Fernández Fente, xefe de área dos servizos agrarios da Mariña, e terá lugar no salón de actos da Casa do Concello o vindeiro luns, 22 de febreiro, ás 16 horas.

Distribuir contido