Todos os alumnos do Colexio Juan Rey aportaron xoguetes para que a Cruz Vermella os destine a familias con escasos recursos
Lourenzá, 14 de decembro de 2012. Todos os alumnos do CEIP Juan Rey, de Lourenzá, aportaron un xoguete, e algúns levaron varios, no acto organizado polo Concello, que se celebrou na tarde de onte, para colaborar coa Cruz Vermella na recollida de xogos para entregar a familias con escasos recursos. A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, comentou que “isto demostra a solidariedade dos nenos e tamén que esta acción está ben encamiñada, posto que os máis pequenos entenden a lección”.