Novas
O GOBERNO MUNICIPAL ACLARA QUE TODAS AS SÚAS ACTUACIÓNS PARA A CONSTRUCIÓN DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DOS PAZOS EN TOVAR FORON LEGAIS, SEN REPAROS POR PARTE DA SECRETARIA INTERVENTORA DO CONCELLO
Lourenzá, 20 de setembro de 2014. O goberno municipal de Lourenzá aclarou hoxe en rolda de prensa que todas as súas actuacións para a construción en Tovar do Centro de Interpretación da Vida dos Pazos en Galicia foron legais, sen ningún reparo por parte da secretaria interventora do Concello. Así o manifestaron este mediodía no propio Pazo de Tovar a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, e o anterior rexedor municipal, Vidal Martínez-Sierra López, que estiveron acompañados polos restantes concelleiros do equipo de goberno local.
Está aberto o prazo de inscripción das Escolas Deportivas Municipais de Lourenzá e Mondoñedo ata o luns 29 de setembro
A cuota é de 6 euros ó mes e podes elixir todos os deportes que desexes. O abono farase mediante cargo bancario na conta que especifiquedes na ficha de inscripción no mes de outubro e as edades van dende a categoria pitufos ata xuvenil.
Unha vez cuberta a ficha de inscripción, debedes entregala nos Concellos de Lourenzá ou Mondoñedo ou ben directamente ó monitor deportivo se o alumn@ xa está adestrando.
Maderas Barcia Lourenzá Mondoñedo, nova exhibición nos Remedios
O pasado sábado día 13 de setembro debutou o novo patrocinador das Escolas da sección de atletismo, dando sorte e logrando unhos resultados excelentes non só para as categorías inferiores senón tamén ós adultos.
PREBENXAMÍN FEMININO:
1.- IRIA RGUEZ.
2.- HENAR MÉNDEZ.
PREBENXAMÍN MASCULINO:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 136
- 137
- 138
- 139
- 140
- 141
- 142
- 143
- 144
- …
- seguinte ›
- última »