VECIÑOS DE LOURENZÁ E TRABADA PODERÁN PARTICIPAR NUNHA VIAXE A VIGO PARA ASISTIR COMO PÚBLICO AO NOVO PROGRAMA DA TVG BOAS TARDES O DÍA 29 DESTE MES
Lourenzá, 8 de setembro de 2014. Veciños de Lourenzá e Trabada poderán participar nunha viaxe a Vigo para asistir como público ao novo programa da Televisión de Galicia Boas tardes, que presenta Luis Fraga. O autobús sairá o día 29 deste mes de setembro, luns, ás 12:15 horas dende a Praza do Conde Santo, de Vilanova de Lourenzá.
O programa é un magacín de actualidade cunha duración de 2 horas e 20 minutos. Ao rematar o espazo a organización ofrecerá unha merenda.