Novas

O CONCELLO DE LOURENZÁ POÑERÁ EN MARCHA O PRÓXIMO 15 DE XULLO OS CURSOS DE NATACIÓN PARA NEN@S MAIORES DE SEIS ANOS. AS ACTIVIDADES DURARÁN ATA O 15 DE AGOSTO E LEVARANSE A CABO NA PISCINA MUNICIPAL

A Concelleira de Educación e Cultura de Lourenzá, Lupe Flórez  Seivane, foi a encargada de anunciar a posta en marcha dos cursos de natación que se levarán a cabo, entre o 15 de xullo e o 15 de agosto, na piscina municipal. Neles poderán participar “tódolos nenos maiores de seis anos, ou ben que os vaian a cumprir neste ano 2014”, tal e como explicou Flórez.

BRILANTE ACTUACIÓN DE MANUEL FOLGUEIRA NA MEDIA MARATÓN PALAS-MELIDE

Mentres o groso da sección de atletismo participaba o pasado sábado na carreira de Medal, Manuel Folgueira presentabase na media maratón de Palas-Melide (21 kilómetros) realizando unha carreira espectacular acadando a posición 23 da xeral de 700 participantes e sendo o 9º da súa categoría.

ROBERTO RAMALLAL, NOVO TÉCNICO DO 1º EQUIPO DAS E.D. LOURENZÁ

Roberto Ramallal estará a vindeira temporada ó fronte do 1º equipo de fútbol das Escolas Deportivas Lourenzá. O que fóra esta temporada técnico do Castro en Preferente comprometeuse esta vindeira temporada coa directiva e secretaría técnica do clube para intentar guiar a nave roxiblanca de novo a 1ª autonómica.
Roberto Ramallal coincide que ten experiencia en segunda autonómica pois fai dous anos dirixiu ó Iberia nesta categoría alcanzando o ascenso ó final da mesma temporada.