Novas

RUTAS DA ASOCIACIÓN DE SENDEIRISMO TERRAS DE LOURENZÁ PARA A VINDEIRA FIN DE SEMANA

O vindeiro sábado 28 de Xuño a Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá, viaxará ata Burela, para facer a ruta da Serra do Buio ao Monte Castelo, una ruta cunha distancia de 8.2 km e de dificultade baixa. A Asociación Pasada das Cabras de Burela invitaranos á comida.
O prezo para o desprazameno será de 5 € os socios e de 8 € os non socios. O prazo para anotarse remata o vindeiro xoves 26 ás 11:00 horas.
 

RAPACES LAURENTINOS VISITARON A CARPA XPLORA, SITUADA NA PRAZA DO CONDE SANTO, PARA INFORMARSE SOBRE PLAN DE EMPREGO XUVENIL DA XUNTA

Rapaces do municipio de Lourenzá visitaron a carpa Xplora, que estivo situada na praza do Conde Santo, para informarse sobre o plan de emprego xuvenil da Xunta de Galicia e tamén das distintas propostas que dende a Dirección Xeral de Xuventude poñen en marcha para que os mozos leven adiante proxectos sociais dinamizadores e de voluntariado. Así o explicou a alcaldesa laurentina, Emma Álvarez Chao, quen ademais comentou que “tamén se interesaron polas axudas da Xunta destinadas a mozos para mobilización exterior”.