Novas

AARÓN RIVAS, SUBCAMPIÓN GALEGO DE TRIPLE SALTO

No día de onte un novo atleta das Escolas Deportivas subía ó caixón dun Campionato Galego de Atletismo, e nesta ocasión sería na Categoría Cadete que se celebrou durante toda a xornada do sábado en Vilagarcía de Arousa. Aarón Rivas fixo un mellor salto de 11 metros e 28 centrímetros, alcanzando así a medalla de prata no seu último salto. Ademáis, este gran deportista alcanzaba a 4ª posición na final dos 1500 obstáculos con un tempo de 5,08,91 e era 6º na final de xabalina cunha marca de 31,13.

A CORPORACIÓN MUNICIPAL APROBOU POR UNANIMIDADE SOLICITARLLE Á REAL ACADEMIA GALEGA QUE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS DE 2020 SE DEDIQUE Á FIGURA DO INTELECTUAL LAURENTINO FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

A corporación municipal de Lourenzá, no pleno celebrado hoxe, aprobou por unanimidade solicitarlle á Real Academia Galega que o Día das Letras Galegas do ano 2020 se dedique á figura do intelectual laurentino Francisco Fernández del Riego. Tamén acordou propoñer ao Concello de Vigo e á Fundación Penzol que se sume a esta petición.

ANDAINA ATA A ROMARÍA DE SANTA CRUZ

Este pasado domingo día 11 a Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá participou na Romería da Santa Cruz. Pola mañá cedo botámonos a andar dende o Santuario de Santo Estebo do Ermo, en Barreiros ata a Capela da Santa Cruz, en A Tilleira, Lourenzá, un percorrido duns 15 km e de dificultade media-baixa. Unha vez ali, bailamos na sesión Vermouth e disfrutamos dunha comida campestre no campo da festa, onde comimos empanada en rollo, churrasco, pulpo e como non, rosca de Santa Cruz. Tamén houbo café de pota e queimada.