Novas

O GOBERNO MUNICIPAL PROPÓN AO PLENO DA CORPORACIÓN SOLICITAR Á REAL ACADEMIA GALEGA QUE DEDIQUE AO LAURENTINO FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS NO ANO 2020, CANDO SE CUMPRIRÁ O DÉCIMO ANIVERSARIO DO SEU PASAMENTO

O goberno municipal de Lourenzá propón ao pleno da corporación municipal que o Concello solicite á Real Academia Galega que dedique ao laurentino Francisco Fernández del Riego o Día das Letras Galegas no ano 2020, cando se cumprirá o décimo aniversario do seu pasamento.

O VINDEIRO DOMINGO HABERÁ UNHA RUTA DE SENDEIRISMO Á ROMARÍA DA SANTA CRUZ

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha nova andaina, desta vez un tanto especial. Trátase da Romaría da Santa Cruz, unha ruta duns 15 km dende o Santo Estebo do Ermo ata a Capela da Santa Cruz. Como broche final á ruta, disfrutarase dunha comida campestre no campo da festa por un módico prezo de 15 €.