Novas

O ENSINO PASOU ESTA SEMANA POLO CEIP JUAN REY E POLA SECCIÓN DE BALONCESTO DAS ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ-MONDOÑEDO

Este mércores o C.E.I.P. Juan Rey recibiu a visita do equipo Durán Maquinaria Ensino que compite en Liga Feminina 2, durante a mesma os nenos e nenas coñeceron de pimeira man a xogadoras e corpo técnico , así como tamén tiveron a oportunidade de realizar diferentes xogos e competicións. Estiveron ademáis o director do centro D. Eduardo Iglesias Villar e a Alcaldesa laurentina Dª. Emma Álvarez Chao.

Ás 16:30, e xa no Concello de Mondoñedo, visitaron a sección de Baloncesto das Escolas deportivas Lourenzá-Mondoñedo.

O CONCELLO CONTINÚA CO REPARTO DE COMPOSTEIROS ENTRE OS VECIÑOS INTERESADOS EN PARTICIPAR NA NOVA CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA PROMOVIDA POLA MANCOMUNIDADE DA MARIÑA LUCENSE A TRAVÉS DUN CONVENIO CON SOGAMA

O Concello de Lourenzá continúa co reparto de composteiros entre os veciños interesados en participar na nova campaña de compostaxe doméstica promovida pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense a través dun convenio con Sogama. Lembrouno hoxe a alcaldesa, Emma Álvarez Chao.

O XIMNASIO MULTIUSOS MUNICIPAL REABRIU HOXE CON NOVA XERENCIA E INSTALACIÓNS RENOVADAS

O ximnasio multiusos municipal de Lourenzá reabriu hoxe con nova xerencia e instalacións renovadas.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, recordou que o ximnasio “foi adxudicado a finais de febreiro á firma laurentina Ana Sport” e explicou que “estará xestionado por Brenan Rivas Terrón e Alicia Vázquez Beltrán, que teñen formación específica de monitor deportivo ademais de cursos de masaxistas”.