Novas

A RUTA LITERARIA DEDICADA A FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO CONVERTERASE EN PERMANENTE CO APOIO DA XUNTA DE GALICIA. A ALCALDESA, EMMA ÁLVAREZ, PRESENTOULLE O PROXECTO AO SECRETARIO XERAL DE CULTURA, ANXO LORENZO

O Concello de Lourenzá contará co apoio da Xunta de Galicia para converter en permanente a ruta literaria dedicada a Francisco Fernández del Riego, que se fixo por primeira vez o ano pasado. Este proxecto foi presentado pola alcaldesa, Emma Álvarez Chao, ao secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, a quen lle pareceu unha iniciativa interesante.

RAQUEL ARIAS ANUNCIA EN LOURENZÁ QUE OS CONCELLOS DE LUGO COMEZARÁN A RECIBIR EN ABRIL O PRIMEIRO PAGO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR PARA DEPENDENTES DO PRESENTE ANO

Os 67 concellos da provincia de Lugo comezarán a recibir no mes de abril o primeiro pago correspondente ás axudas destinadas para financiar o Servizo de Axuda no Fogar de dependencia (SAF de dependencia). Así o indicou hoxe a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, no marco da visita que realizou ao centro de día de Lourenzá. Segundo sinalou a delegada, este concepto que se financia correspóndense co primeiro trimestre do 2014.

A SECCIÓN DE ATLETISMO, REPRESENTADA EN TRES POPULARES A PASADA FIN DE SEMANA

O domingo pasado á mañá foi proveitoso para os atletas das E.D. Lourenzá Mondoñedo:
Carmen López e Arabela Martínez lograban a primeira e segunda posición na carreira solidaria de Baleira, Ana Vallines añadía unha nova medalla de prata ó seu currículum en Oviñana(Cudillero-Asturias) mentres o seu irmán Fernando obtiña a 4ª posición; e Manuel Folgueira competía en Cacheiras(Teo) nunha carreira popular na provincia de A Coruña entrando entre os 40 primeiros da xeral. Noraboa, a seguir traballando!!!