Novas

NO OBRADOIRO SOBRE DESIGUALDADE DE XÉNERO ORGANIZADO POLO CONCELLO PARA CONMEMORAR O DÍA DA MULLER HOUBO UNHA VINTENA DE PARTICIPANTES

O obradoiro sobre desigualdade de xénero organizado polo Concello de Lourenzá dentro dos actos para conmemorar o Día da Muller contou cunha vintena de participantes.

A charla correu a cargo dunha representante da ong Mundo Cooperante, que centrou a súa intervención en informar e sensibilizar acerca da mutilación xenital feminina, unha lacra que sofren 140 millóns de mulleres e nenas.

ASOCIACIÓN DE SENDEIRISMO TERRAS DE LOURENZÁ

Este pasado domingo a Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá botouse a andar pola Senda Costeira, no tramo de Tapia de Casariego-Figueras. Un tramo de 15 km no que os máis de 40 camiñantes disfrutamos dunha fermosa paisaxe ao que tamén axudou o dia soleado que tivemos.

O CONCELLO FARÁ UNHA CAMPAÑA DE CAPTACIÓN DE VOLUNTARIOS PARA A AGRUPACIÓN LOCAL DE PROTECCIÓN CIVIL, QUE ESTÁ FORMADA ACTUALMENTE POR 11 PERSOAS

O Concello de Lourenzá fará unha campaña de captación de voluntarios para a agrupación local de Protección Civil, que está formada actualmente por 11 persoas. Esta iniciativa acordouse nunha reunión da alcaldesa, Emma Álvarez Chao, cunha representación da directiva da agrupación, xuntanza na que tamén se analizaron os fallos que houbo durante o operativo do Domingo de Piñata, polos que piden desculpas.