A COMISIÓN MUNICIPAL DE GOBERNO ADXUDICOU A CAFETERÍA DO CENTRO SOCIAL E AS OBRAS PARA MELLORAR E AFORRAR ENERXÍA NOS ALUMEADOS PÚBLICOS DO PEDRÓN E VILLAPOL
Lourenzá, 27 de xullo de 2013. A comisión de goberno do Concello de Lourenzá adxudicou a xestión da cafetería do centro de servizos sociais, que está no Torreón do mosteiro de San Salvador, e as obras para mellorar e aforrar enerxía nos alumeados públicos do Pedrón e Villapol.
Respecto ao bar do centro social a alcaldesa, Emma Álvarez Chao explicou que “había unha única proposta, a cal se lle adxudicou, e ten un proxecto bastante atractivo baseado en actividades para nenos, mozos e as persoas maiores, que é unha parte fundamental”.