Con motivo da Semana do Medio Ambiente este sábado, día 1 de xuño, haberá unha xornada de voluntariado para limpar os ríos Baos e Masma. Os interesados en participar deben apuntarse no Concello
Lourenzá, 27 de maio de 2013. O Concello de Lourenzá organiza unha xornada de voluntariado para a limpeza dos ríos Baos e Masma este sábado, día 1 de xuño, dentro da Semana do Medio Ambiente. Esta actividade conta coas colaboracións da Xunta de Galicia e, a través dela, da obra social Fundación la Caixa, explicou a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, quen anunciou que o punto de encontro para os participantes será a Praza do Concello ás dez da mañá.