O Concello mellorou estradas e rúas cunha inversión de 28.411 euros dentro do Plan de Cooperación da Deputación Provincial
Lourenzá, 20 de abril de 2013. O Concello de Lourenzá rematou as obras para a mellora de varias estradas e rúas do municipio, actuacións nas que se investiron un total de 28.411 euros dentro do Plan de Cooperación da Deputación Provincial de Lugo.