Novas

A corporación municipal estreou hoxe nova ubicación para os plenos. Na sesión aprobouse a modificación do regulamento do Punto de Atención á Infancia e a declaración do 2013 como ano de Francisco Fernández del Riego

Lourenzá, 15 de febreiro de 2013. No pleno ordinario da corporación municipal de Lourenzá que se celebrou hoxe os concelleiros estrearon nova ubicación para as sesións, no salón de actos da Casa do Concello, e aprobaron a declaración de 2013 como ano dedicado a Francisco Fernández del Riego, con motivo do centenario do seu nacemento. Tamén acordaron modificar o regulamento do punto de atención á infancia “para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral”, explicou a portavoz do goberno municipal, Lupe Flórez.

O Concello de Lourenzá informa das deduccións da cota do canon da auga

O canon da auga, que ven de substituír o canon de saneamento, foi creado pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia. Non obstante, o inicio da súa aplicación non tivo lugar ata o 1 de xullo de 2012, momento no que entrou en vigor o Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga a sistemas públicos de depuración de augas residuais.

O canon da auga, ten como finalidade; por un lado, financiar as actuacións do ciclo da auga e por outro, primar o uso responsable da auga.

A delegada territorial da Xunta confirmou un investimento de 30.000 euros para melloras no CEIP Juan Rei na xuntanza que mantivo hoxe coa alcaldesa. Emma Álvarez solicitoulle a Raquel Arias axuda do goberno autonómico para outros asuntos pendentes e novas

Lourenzá, 13 de febreiro de 2013. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, reuniuse esta mañá coa delegada territorial da Xunta para a provincia de Lugo, Raquel Arias “para poñela ao corrente dos asuntos que están pendentes dende o noso Concello coa administración que ela representa, a Xunta de Galicia, así como presentarlle novas necesidades a fin de acadar a colaboración co Concello de Lourenzá.

A Alcaldesa destacou a labor e os logros de J.Mª López Noceda como Rexedor Mpal e Pdte. da Mancomunidade Municipios da Mariña. Os seus restos mortais están sendo velados na Casa de Concello. O Funeral será o Martes ás 17h na Igrexa Parroquial de Lourenzá.

Lourenzá, 11 de febreiro de 2013. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, destacou a labor e algúns dos logros de José María López Noceda durante a súa etapa de rexedor municipal e tamén como primeiro presidente da Mancomunidade de Municipios de A Mariña. Os seus restos mortais están sendo velados na capela ardente que quedou instalada esta mañá na Casa do Concello e o funeral será mañá, martes, ás cinco da tarde na igrexa parroquial de Lourenzá.