Novas

O Concello organiza campamentos de verán para os meses de xullo, agosto e setembro. O prezo para toda a tempada é de 15 euros e o prazo de inscrición está aberto ata o día 27 deste mes

Lourenzá, 18 de xuño de 2013. O Concello de Lourenzá acaba de abrir o prazo de inscrición para os campamentos de verán, que acollerán a nenos e rapaces de 5 a 16 anos durante os meses de xullo, agosto e setembro ata o inicio do curso escolar. Terán un prezo total, para todo o verán, de 15 euros e o prazo para anotarse rematará o día 27 deste mes de xuño, xoves. Anunciouno hoxe a concelleira delegada de Educación e Cultura, Lupe Flórez Seivane.