A EXPOSICIÓN KINÉTICO DE XIRAPAUS ESTARÁ EN LOURENZÁ ESTE VENRES 24
Vilanova de Lourenzá acollerá este venres, día 24, a exposición Kinético de Xirapaus. O concelleiro de Cultura laurentino, Manuel Arango, anuncia que esta mostra estará pola mañá no CEIP Juan Rey e pola tarde na praza do Conde Santo, se as condicións meteorolóxicas o permiten.