A biblioteca pública municipal convoca o Certame de Poesía de Nadal. O prazo de presentación dos traballos remata o 21 de decembro
Lourenzá, 15 de novembro de 2012. A Concellería de Cultura, a través da biblioteca pública municipal Juana de Ibarbourou, convoca a fase local do certame de poesía infantil Nadal 2012. Anunciouno a concelleira Lupe Flórez Seivane.