Novas

FARO MIÑO, DE CHANTADA, E OS PALIMOQUIÑOS, DE LUGO, ACTUARÁN ESTE FIN DE SEMANA NO II CERTAME DE TEATRO CONCELLO DE LOURENZÁ

Os grupos Faro Miño, de Chantada, e Os Palimoquiños, de Lugo, actuarán este fin de semana na segunda edición do certame de teatro Concello de Lourenzá.

O edil de Cultura, Manuel Arango, anunciou hoxe que “esta fin de semana segue o segundo Certame de Teatro de Lourenzá con dúas novas representacións. O sábado 17 o grupo Faro Miño, de Chantada, escenificará a obra Langreira de amor e o domingo 18 tócalle a Os Palimoquiños, de Lugo, coa obra Borralliña. As dúas serán ás 20:00 horas no salón de actos do Concello”.

O CONCELLO ORGANIZOU UNHA XUNTANZA DE MAIORES, NA QUE PARTICIPARON 250 XUBILAD@S DO MUNICIPIO

O Concello de Lourenzá organizou unha xuntanza de maiores, que se celebrou este pasado domingo e na que participaron 250 xubilad@s do municipio.

A alcaldesa, Rocío López, explicou que os asistentes “gozaron dun día de ledicia en familia e en compañía de amig@s e coñecidos. Dende o Concello apostamos por recuperar esta xuntanza que levaba xa varios anos sen celebrarse, pois cremos que os nosos maiores o merecen; eles son a voz da experiencia e do saber da vida e que menos que dedicar un día a eles”.

AS REPRESENTACIÓNS DO II CERTAME DE TEATRO CONCELLO DE LOURENZÁ COMEZAN ESTE VENRES, 2 DE NOVEMBRO, COA ACTUACIÓN DE BULE BULE. A GALA DE ENTREGA DE PREMIOS ESTÁ PREVISTA PARA O 9 DE DECEMBRO

O II Certame de Teatro Concello de Lourenzá comeza este venres, 2 de novembro, ás 21:00 horas, cunha representación a cargo do grupo Bule Bule, formado por actores e actrices de Alfoz e Lourenzá. O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou hoxe, mércores, que a gala de entrega de premios está programada para o 9 de decembro e unha das novidades desta edición é o Premio do Público.