Novas

O 2 DE NOVEMBRO COMEZARÁN AS REPRESENTACIÓNS DO II CERTAME DE TEATRO CONCELLO DE LOURENZÁ

Lourenzá, 26 de outubro de 2018. O venres 2 de novembro ás 21:00 horas arranca o segundo Certame de Teatro Concello de Lourenzá coa representación da obra Xente con xente, a cargo do grupo teatral Bule Bule, formado por actores e actrices de Alfoz e Lourenzá.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, tamén comunicou que a compañía Artías, de Teo, declinou participar no certame por motivos laborais e será substituída polo primeiro suplente, que é o grupo Faro Miño, de Chantada.

Servicio de Atención Temperá - Agrupación de Concellos de Burela, Xove, Cervo, Foz, Ribadeo, Barreiros, Alfoz e Lourenzá

As subvencións ás entidades locais para a prestación de servizos no marco da Rede galega de Atención Temperá está cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.

O obxectivo (O.T.9) é promover a igualdade, a saúde e a inclusión social mediante un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, a súa familia e contorno, co fin de facilitar a súa autonomía personal e a dita inclusión.

ELIXIDAS AS OITO COMPAÑÍAS E AS OBRAS PARA PARTICIPAR NO SEGUNDO CERTAME DE TEATRO CONCELLO DE LOURENZÁ.

Lourenzá, 20 de outubro de 2018. Xa foron escollidas as oito obras que van ser representadas no segundo Certame de Teatro Concello de Lourenzá. O xurado, presidido polo concelleiro de Cultura, Manuel Arango, e formado por laurentin@s vinculados coa cultura ou con asociacións da localidade, non o tivo nada fácil, non só polo número de compañías presentadas, dezaoito, senón tamén pola calidade das obras.