Novas

O CONCELLO ORGANIZA A VISITA DE PAPÁ NOEL E UN CONCERTO DE NADAL PARA ESTE FIN DE SEMANA

O Concello de Lourenzá organiza a visita de Papá Noel e un concerto de Nadal para este fin de semana.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “o venres 22 ás 18:00 horas chegará Papá Noel á carpa instalada polo Concello na praza Conde Santo, de Lourenzá. Previamente visitará o Punto de Atención á Infancia (PAI) e o centro de día para maiores. A parte musical correrá a cargo da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez”.

A PROGRAMACIÓN DE NADAL INCLÚE UN BELÉN INSTALADO NA PRAZA DO CONDE SANTO, UNHA MONTAXE DE PAISAXE POLAR NO QUIOSCO DA MÚSICA E NUMEROSAS ACTIVIDADES

A programación de Nadal en Lourenzá inclúe un belén instalado na Praza do Conde Santo, unha montaxe de paisaxe polar que está no Quiosco da Música e numerosas actividades.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou hoxe que “en Lourenzá xa se vive o Nadal coa inauguración do alumeado navideño e a colocación dun belén na Praza Conde Santo e dunha montaxe de paisaxe polar no Quiosco da Música do Cantón”.