Con motivo da celebración do décimo aniversario da nova era do equipo de fútbol sénior das ED. Lourenzá, algúns dos xogadores máis veteranos organizan unha cea-baile coa que pretenden xuntar vellas glorias do equipo dos 80 con xogadores desta última década, afeccionados, rapaces das categorías inferiores e calquera persoa que teña ganas de pasar unha boa noite nun ambiente agradable. A cea terá lugar no recinto feiral de Lourenzá o vindeiro sábado 16 de novembro a partires das 21.30 horas, e as entradas pódense mercar en calquera dos bares da vila ata o día 10 de novembro.