Novas

Novas do Concello

A EXPOSICIÓN ITINERANTE "AQUELA NENA DE SARRIA” FOI PRESENTADA EN LOURENZÁ

A Casa do Concello de Lourenzá acolleu a presentación da mostra itinerante “Aquela nena de Sarria”, un proxecto desenvolvido polo Colectivo Egeria para dar a coñecer a figura de Xela Arias, a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas, e que conta co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, e a colaboración do Concello de Sarria e a Real Academia Galega.

FORMALIZADO O CONTRATO DE OBRAS PARA "MELLORA DE VÍAS MUNICIPAIS" (PLAN ÚNICO 2021)

FORMALIZADO O CONTRATO DE OBRAS PARA "MELLORA DE VÍAS MUNICIPAIS: ESTRADA DE MASMA-PENA-TIAGONCE, PISTA POUSADA, REGO VILAZO E ENTORNO DA FEIRA VELLA" (PLAN ÚNICO 2021)

Con data 7 de setembro de 2021 formalizouse o contrato de obras entre o Concello de Lourenzá e D. Isidro Otero Bello en representación de Construcciones Isidro Otero S.L., para a que se concedeu unha subvención pola Excma. Deputación Provincial de Lugo a través de Plan Único do exercicio do 2021.

O CONCELLO CONSTRUÍU UN DEPÓSITO DE AUGA PARA INCENDIOS NA PARROQUIA DE SANTO TOMÉ

O Concello de Lourenzá construíu un depósito de auga na parroquia de Santo Tomé, concretamente no lugar de Cadros, para utilizar en caso de incendio.

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explicou que “esta obra, que consistiu na construción dun depósito de formigón armado de 75 metros cúbicos, foi financiada a través dun convenio interadministrativo coa Deputación de Lugo por importe de 23.595 euros”.

LOURENZÁ DEDICA UNHA XORNADA Á PINTORA JULIA MINGUILLÓN E EXPÓN NAS RÚAS REPRODUCIÓNS DE OBRAS SÚAS. ESTAS ACTIVIDADES ESTÁN ORGANIZADAS POLO CONCELLO E A ASOCIACIÓN PATRIMONIO LAURENTINO

O Concello de Lourenzá e a asociación Patrimonio Laurentino organizan unha xornada dedicada á pintora Julia Minguillón, artista que estivo moi vinculada ao municipio. Será o día 28 deste mes, sábado, ás 18:00 horas no mosteiro de San Salvador, onde haberá unha charla na que intervirán a directora do Museo Provincial de Lugo, a museóloga Aurelia Balseiro García, e María Fidalgo Casares, que é doutora en Historia do Arte e membro da Academia Andaluza de Historia.

Distribuir contido