Novas

Novas do Concello

COLABORADORES DO CLUB DE CICLISMO LOCAL FORMARÁN GRATUITAMENTE ÓS MAIORES DE 4 ANOS NO BTT. A INSCRICIÓN PODERÁ REALIZARSE ATA O DÍA DA PRESENTACIÓN, MARTES 16 DE XULLO

Lourenzá, 8 de xullo de 2013. Colaboradores do club de ciclismo de Lourenzá, que está vinculado ás escolas deportivas municipais, formarán a todos os maiores de 4 anos na práctica do BTT, de forma gratuíta, co fin de dar a coñecer este deporte á vez que ofertan outra alternativa para facer exercicio de forma colectiva.

A XUNTA CONCEDEU AO CONCELLO A CONTRATACIÓN DUN MONITOR DE TEMPO LIBRE DURANTE UN ANO. A PRAZA CONVOCARASE DE INMEDIATO PARA QUE TRABALLE XA NO CAMPAMENTO MUNICIPAL DESTE VERÁN

Lourenzá, 8 de xullo de 2013. A Xunta de Galicia concedeu ao Concello de Lourenzá a contratación dun monitor de tempo libre durante un ano. Anunciouno hoxe a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, quen explicou que a praza se convocará de inmediato para que traballe xa no campamento municipal de verán.

TRABALLO SEGUE A APOSTAR POLO COOPERATIVISMO QUE EN GALICIA RESISTE Á CRISE COA CREACIÓN NO PRIMEIRO SEMESTRE DE 33 COOPERATIVAS

Ames (A Coruña), 6 de xullo de 2013.- O Día do Cooperativismo Galego celebrouse hoxe na localidade de Ames, onde tivo lugar a entrega de premios á cooperación 2013. A inauguración dos actos e entrega de premios estivo presidida pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, quen indicou que a Xunta segue a apostar por esta fórmula empresarial, xa que afirmou que continúa a resistir á crise económica.

CURSO DE PREPARACIÓN PARA O CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Luguesa, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, organiza un Curso de preparación para o Celga destinado a toda a cidadanía mariñá.

O obxectivo principal deste curso é informar sobre os Celga, que é e como preparalo, facilitando as ferramentas lingüísticas e coñecementos necesarios para superar as probas que convoca anualmenta a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

O CONCELLO PROMOVE A CELEBRACIÓN DE TRES CURSOS: DE MANIPULADOR DE PRODUTOS FITOSANITARIOS, DE CATA DE VIÑOS E DE NORMATIVAS COMUNITARIAS VINCULADAS ÁS PRODUCIÓNS AGRICOLA E GANDEIRA

Lourenzá, 4 de xullo de 2013. O Concello de Lourenzá promove a celebración de tres cursos. Un deles é de manipulación de produtos fitosanitarios e comezará o día 15 deste mes. Os outros dous, de cata de viños e de normativa comunitaria vinculada á produción agrícola e gandeira, levaranse a cabo en caso de reunirse o número de inscritos necesario.

A XUNTA REMATOU O DRAGADO DO ENCORO DE LOURENZÁ, NO QUE INVESTIU PRETO DE 1 MILLÓN DE EUROS

  • Esta actuación mellorou e aumentou a capacidade da rede de abastecemento, e protexeu a contorna natural fronte a riscos de inundacións
  • Hernández anunciou que o seu departamento continuará mellorando as infraestruturas do concello, no que levará a cabo o saneamento do núcleo rural do Requeixo, cun investimento de 270.000 euros
  • A Dirección Xeral de Conservación da Natureza acometerá ademais as obras de adecuación do entorno do Muíño do Pereiro e da Ponte de Xuncal, e creará unha ruta de sendeirismo no Val de Lourenzá
  • Xunta e concello asinaron recentemente un conve

OS CADROS DEDICADOS AOS FILLOS PREDILECTOS HIJOS DE LORENZANA EN LA HABANA E ÁNGEL HERMIDA FORON COLGADOS HOXE NO SALÓN DE SESIÓNS MUNICIPAL

Lourenzá, 2 de xullo de 2013. Dúas representantes da asociación Hijos de Lorenzana en La Habana, a irmás Julia e María del Carmen Baamonde Lombardero, e o empresario Ángel Hermida foron os principais protagonistas do acto celebrado este mediodía na Casa do Concello de Lourenzá, en cuxo salón de sesións foron colgados os cadros dedicados a estes dous fillos predilectos.

Distribuir contido