Novas

Novas do Concello

CONVOCADA A TERCEIRA EDICIÓN DO CERTAME DE TEATRO AFECCIONADO CONCELLO DE LOURENZÁ

Lourenzá, 9 de agosto de 2019. A Concellería de Cultura de Lourenzá convoca a terceira edición do certame de teatro afeccionado Concello de Lourenzá.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “neste certame poderán participar todos os grupos ou compañías de teatro afeccionado que superen un proceso de selección. O prazo para inscribirse rematará o 30 de setembro. Todas as obras seleccionadas recibirán unha axuda de 300 euros en concepto de participación, desprazamento, etcétera”.

O CONCELLO SÚMASE Ó DÍA INTERNACIONAL DO ORGULLO LGBTI COA COLOCACIÓN DUNHA BANDEIRA MULTICOLOR NO BALCÓN DO CONSISTORIO.

Lourenzá, 28 de xuño de 2019. O Concello de Lourenzá súmase ó Día Internacional do Orgullo LGBTI (Lesbianas, Gays, Bisexuais, Transexuais e Intersexuais) colocando no balcón do consistorio a bandeira multicolor deste colectivo.

Sobre esta iniciativa da Área de Servizos Sociais a concelleira Mercedes Dengra explica que o Concello de Lourenzá “súmase a esta iniciativa para reivindicar os dereitos deste colectivo. Con este xesto queremos mostrar o noso respecto e compromiso cos valores e dereitos como a igualdade e a liberdade de expresión”

ENTREGADOS OS PREMIOS DOS CERTAMES DE DEBUXO E NARRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

Onte, xoves, celebrouse na sala de exposicións do Concello de Lourenzá a entrega de premios da fase local dos concursos infantís de debuxo e narración das Letras Galegas 2019, convocados pola Biblioteca Nodal de Lugo. Ao acto asistiron a alcaldesa, Rocío López García, e o concelleiro de cultura, Manuel Arango Ron.

 

En narración os premiados son os seguintes:

Categoría A:

Miguel Teobaldo Balseiro Ramallal

O CONCELLO FIXO PÚBLICOS OS PREMIADOS NOS CERTAMES DE NARRACIÓN E DEBUXO DAS LETRAS GALEGAS

A Delegación de Cultura do Concello de Lourenzá fixo públicos hoxe, xoves, os 18 premiados nos certames de narración e debuxo convocados para conmemorar o Día das Letras Galegas.

En narración son os seguintes:

Categoría A:

Miguel Teobaldo Balseiro Ramallal

Anxo Cibreiro Rivas

Sara Terrón Martínez

 

Categoría B:

Aldara Loureiro Seco

Claudia Rego Vizoso

David Rivas Oliveros

 

Categoría C:

Lidia González López

Fátima Itrih

Juan David Prado López

 

E en debuxo son estes:

O LIBRO "UN NÓMADA EN BICICLETA", DE DAVID VAL, PRESENTARASE ESTE VENRES NO SALÓN DE ACTOS MUNICIPAL

O libro titulado "Un nómada en bicicleta. Pedaleando alrededor del mundo", de David Val Pena, presentarase no salón de actos do Concello de Lourenzá este venres, día 3 de maio, ás 20:00 horas no salón de actos do Concello de Lourenzá.

Durante o acto proxectarase diverso material audiovisual que recolle momentos da viaxe de David Val e haberá unha charla coloquio co autor da publicación.

Distribuir contido