LOURENZÁ ACOLLE ESTE MERCORES, DÍA 1, O DESFILE DO MAIO E UN ESPECTÁCULO DE CLOWN E CIRCO NO CANTÓN
Vilanova de Lourenzá acollerá este mércores, día 1, o desfile do Maio e un espectáculo de clown e circo, que terá lugar no Cantón.
Vilanova de Lourenzá acollerá este mércores, día 1, o desfile do Maio e un espectáculo de clown e circo, que terá lugar no Cantón.
O Concello de Lourenzá convoca dous concursos co gallo da celebración da Festa do Maio, que terá lugar o vindeiro día 1, mércores. Nun dos certames premiaranse as fiestras, balcóns, portais ou escaparates mellor decorados das rúas polas que pasa o percorrido tradicional do Maio. O outro concurso agasallará aos sombreiros mellor adornados que acompañen ao Maio no desfile, que sairá do mercado gandeiro ás 16:30 horas.
A orquestra Panorama ofrecerá en Lourenzá a súa primeira actuación na provincia de Lugo co seu novo espectáculo para esta tempada, denominado Number One Tour. Será este xoves, día 18, a partir das 00:30 horas no recinto feiral, que estará cuberto con carpa.
A actuación da orquestra Panorama en Lourenzá é o prato forte do festival Vilou Spring Fest, que organiza a asociación Conde Santo e que inclúe tamén sesión vermú a cargo de Decibelios Eventos e de DJ Billy.
O Concello de Lourenzá acollerá esta vindeira Semana Santa o torneo internacional de baloncesto feminino Lourenzá en Xogo, a 4ª reunión de Amigos de Vespa&Faba e Clásicos, e tamén o Vilou Spring Fest, que se celebrará o xoves 18 e que inclúe a actuación da orquestra Panorama. Todos estes eventos foron presentados conxuntamente por representantes dos colectivos organizadores coa alcaldesa laurentina, Rocío López.
Elaborado o texto da modificación do REGULAMENTO PUNTO ATENCIÓN INFANCIA "MENIÑOS" de LOURENZÁ, publícase no portal web deste Concello, co obxecto de dar audiencia aos cidadáns afectados e solicitar cantas achegas adicionais poidan facerse por outras persoas ou entidades durante o prazo de trinta días a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio na web municipal, mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Lourenzá acollerá unha concentración de scooters, motos e coches clásicos o día 18 de este mes, Xoves Santo. Esta actividade está organizada pola asociación VespaFaba&Clásicos Lourenzá e colabora o Concello.
O pleno do Concello de Lourenzá, na sesión celebrada na noite de onte, xoves, aprobou cos votos favorables do equipo de goberno, do PSOE, e os votos en contra dos concelleiros da oposición (PP e BNG), o orzamento municipal para este ano 2019, que ascende a 2.345.000 euros.
O salón de actos do Concello de Lourenzá acollerá unha charla sobre os programas para a mocidade de Galicia. Será este vindeiro luns, día 18, ás once da mañá.
Neste acto informativo falarase de asuntos como as axudas de ata 5.000 euros para proxectos xuvenís e das prácticas laborais na Unión Europea.
A terceira edición das xornadas de historia local organizadas polo Concello de Lourenzá celebraranse mañá, venres, e o sábado no salón de actos municipal.
Mañá ás 19:00 horas proxectarase o documental Os días afogados, que foi Premio Mestre Mateo 2016. E rematará a primeira xornada coa conferencia Historia, mito e lenda do Conde Santo Osorio Gutiérrez, a cargo do historiador Carlos Andrés González Paz, que é doutor en Historia Medieval pola Universidade de Santiago de Compostela e desenvolve o seu labor investigador no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.
Viarios municipais das catro parroquias do concello de Lourenzá están sendo mellorados con maquinaria do parque provincial da Deputación de Lugo. As obras foron supervisadas pola alcaldesa, Rocío López, e os concelleiros Mercedes Dengra e Mario Leitón.