Novas

Novas do Concello

MEDIO CENTENAR DE VECIÑ@S DE LOURENZÁ PARTICIPARON NUNHA EXCURSIÓN A MUXÍA E ÁS CASCADAS DO ÉZARO ORGANIZADA POLO CONCELLO

Medio centenar de veciños e veciñas de Lourenzá participaron nunha excursión a Muxía e ás cascadas do río Ézaro organizada pola Concellería de Servizos Sociais.

Na viaxe participaron os alumnos do taller de memoria do Concello de Lourenzá e outras persoas xubiladas maiores de 65 anos ata completar as prazas dispoñibles. Estiveron acompañados nesta actividade pola alcaldesa, Rocío López, e outros representantes municipais.

Éxito total do Maderas Barcia Lourenzá Mariña Luguesa na II Edición da Galochada Race de Valdepares (Asturias). Títulos para Ian Méndez, Henar Méndez, Leo Martínez e 5º posto de Pedro Moirón. Título absoluto para o noso míster, Juan Luís Méndez!!!

Un novo éxito da nosa sección de atletismo na carreira de obstáculos de Valdepares (Asturias).

Os componentes do Maderas Barcia Lourenzá Mariña Luguesa tiveron os seguintes resultados:

Prebenxamín: Campión Leo Martínez.

Benxamín: Campiona Henar Méndez e 5º posto para Pedro Moirón(aínda que é atleta prebx. disfrutou da proba dos maiores)

Infantil: Campión Ian Méndez.

A BIBLIOTECA MUNICIPAL PROGRAMA ACTIVIDADES PARA O PÚBLICO INFANTIL OS DÍAS 30 DE MAIO, 6 E 27 DE XUÑO

A biblioteca municipal de Lourenzá programa actividades para o público infantil os mércores 30 de maio, 6 e 27 de xuño.

O vindeiro mércores, día 30 deste mes, ás seis da tarde no salón de actos do Concello haberá un espectáculo de contacontos baseado en relatos de María Victoria Moreno a cargo de Charo Pita. Ao remate entregaranse os premios dos concurso de narración e debuxo Letras Galegas 2018.

A XUNTA DE VOCEIROS MUNICIPAIS ACORDOU APOIAR A INICIATIVA CIDADÁ DE HOMENAXEAR ÁS FIGURAS DE O GARDARRÍOS E A SÚA COMPAÑEIRA

A Xunta de Voceiros Municipais (PSOE, PP e BNG) do Concello de Lourenzá acorda apoiar a iniciativa cidadá de homenaxear ás figuras de Luis Trigo Chao (O Gardarríos) e á súa compañeira, Antonia Díaz Pérez, co gallo do 70 aniversario do seu asasinato a mans da ditadura franquista.

Esta homenaxe tamén é un recordo a todas aquelas persoas que dunha maneira ou doutra colaboraron naquela época na loita antifranquista.

6 atletas cadetes admitidas no Cto. Galego Cadete para o vindeiro domingo en O Barco(Ourense). Uxía e Mariña Salvatierra, Carme Alonso, María e Ana Vallines e Ainara Rguez.!!!

6 Atletas do Maderas Barcia Lourenzá acaban de ser admitidas para o galego do vindeiro domingo día 27 de maio en O Barco (Ourense)

Uxía Salvatierra representaranos no 1500 obstáculos e nos 100 valados.

Mariña fará o propio nos 1000 lisos mentres Carme Alonso partirá nos 3000 lisos.

Nos lanzamentos teremos a María Vallines en martelo e Ana Vallines en altura e 1000.

Coa mellor marca temos a Ainara Rguez. nos 6oo lisos.

Moita Sorte!!!

O benxamín, clasifcado para as finais provinciais

Os benxamíns do Panadería Neli ganaron os cuartos de final provincial 6-3 diante do campión de Monforte (T. de Lemos) no día de onte e clasifícanse para as finais provinciais do vindeiro sábado en Quiroga.

Xogarán o vindeiro sábado as semifinais provincias diante do Casás de Lugo ás 13 horas.

De ganar a final sería co vencedor do Ribeira/Guitiriz ás 19 horas, e de non ser así xogaría 3º e 4º posto ás 17 horas.

Distribuir contido