Novas

Novas do Concello

OS ALUMN@S DO TALLER DE MEMORIA PARTICIPARON NUNHA EXCURSIÓN A ASTURIAS ACOMPAÑADOS POLA ALCALDESA E OS CONCELLEIROS DE SERVIZOS SOCIAIS E DE TURISMO

Os alumnos e alumnas do taller de memoria do Concello de Lourenzá participaron nunha excursión a Asturias. Na viaxe estiveron acompañados pola alcaldesa, Rocío López; a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra; e o edil de Turismo, Miguel Castrillón, así como pola educadora familiar, Dolores Villasuso, encargada de impartir as clases do taller de memoria.

A excursión incluíu visitas a Covadonga, Ribadesella e ao xardín botánico de Gijón.

Varios Escolas

Ainara Rodríguez vence no III Memorial Ana Domínguez no día de onte en Bastiagueiro

No día de onte impoñíase Ainara nos 1000 lisos no III Memorial Ana Domínguez con un tempo de 3,05,85; seguida por Noelia Sánchez(Friol) con 3,06,31 e Ainhoa Rguez(Beade) con 3,09,19.

Ademáis, o martes vencía Ainara tamén nos 1000 lisos en Lugo nas II Xornadas da Copa Deputación de Lugo con 3,10,74.

A CONCELLERÍA DE CULTURA ORGANIZA UNHA ACTUACIÓN DO GRUPO OS MONIFATES PARA ESTE VENRES NO CEIP JUAN REY

Este venres, día 23, a partires das 11 da mañá o CEIP Juan Rey, de Lourenzá, acollerá unha actuación do grupo Os Monifates. Está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Lourenzá e inclúese dentro do programa Cultura no Camiño.

O edil de Cultura, Manuel Arango, explicou que “farán dous pases: o primeiro será de carácter didáctico e o segundo consistirá nunha actuación musical con instrumentos tradicionais acompañados de monicreques”.

Resultados atletas Maderas Barcia Lourenzá nos múltiples frentes do fin de semana!!!

9 títulos na Popular de Sante e un total de 14 Trofeazos para as Balas o pasado sábado en Trabada!!!

Chupetines Masculino:

1- Unai Díaz. 7- Alex Longarela. 8- Fernando Díaz.

Chupetines Feminino:

1- Carlota Menéndez.

Prebenxamín Masculino:

1- Pedro Moirón. 4- David Díaz.

Prebenxamín Feminino:

1- Sara Otero.

Benxamín Masculino:

1- Iago Longarela.

Benxamín Feminino:

1- Henar Méndez.

2- Adriana Rebolo.

3- Emma García.

Alevín Masculino:

1- Ian Méndez.

Alevín Feminino:

DOUS ALUMN@S DO CEIP JUAN REY FORON PREMIADOS NA FASE PROVINCIAL DO CERTAME PROVINCIAL DAS LETRAS GALEGAS

Dous alumn@s do CEIP Juan Rey, de Lourenzá, foron premiados na fase provincial do certame provincial das Letras Galegas.

O edil de cultura, Manuel Arango, en nome do Concello de Lourenzá, felicita aos alumnos do CEIP Juan Rey premiados na fase provincial do Certame das Letras Galegas da Biblioteca Nodal de Lugo. Claudia Carril Cabaleiro, de 11 anos, obtivo o primeiro premio en narración e un accésit en debuxo e Sergio García Barrera, de 8 anos, logrou o terceiro premio en debuxo.

Distribuir contido