Novas

Novas do Concello

O PAZO DE TOVAR ACOLLERÁ OS DÍAS 27 E 28 DESTE MES AS PRIMEIRAS XORNADAS DE HISTORIA LOCAL DE LOURENZÁ ORGANIZADAS POLO CONCELLO.

Lourenzá, 21 de xaneiro de 2017. O Pazo de Tovar acollerá os días 27 e 28 deste mes, venres e sábado, as primeiras Xornadas de Historia Local de Lourenzá, que están organizadas polo Concello. Foron presentadas na propia fortaleza pola alcaldesa, Rocío López; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango; a técnico municipal de Cultura, María José López; o dono do Pazo de Tovar, José Ventoso; e o veciño de Lourenzá Miguel Gavín.

Cando aínda o 31 de Xaneiro o comité organizador do Lourenzá en Xogo 2017 pon o peche ás posibles preinscripcións desta edición, o cartel vaise configurando a bo ritmo

Ademáis do Santutxu e Corazonistas, nos derradeiros días confirmaron tamén a súa participación o Erandio Vizcaya, Balmaseda Vizcaya, Altair de Madrid, Quart de Valencia, Depordima de Ourense e Godella Valencia!!!

Ademáis de éstos equipos, non faltarán no mesmo os anfitrións Muebles Huertas e Terras da Mariña Lourenzá así como os equipos de Ensino Lugo!!

Lembrade que as prazas asignadas serán por riguroso orden de preinscripción!!!

A BIBLIOTECA MUNICIPAL FAI PÚBLICO O FALLO DO CONCURSO DE POESÍA DE NADAL

A biblioteca municipal de Lourenzá fixo público hoxe o fallo do xurado do concurso de poesía de Nadal.

Os premiados son os seguintes:

Categoría A:

Aldara Loureiro Seco

Anxo Maseda Oliva

Lidia Díaz Ventoso

Categoría B:

Claudia Carril Cabaleiro

Mario Moirón Martínez

Mateo Fraga Gómez

As poesías seleccionadas participarán na fase provincial do certame. A Concellería de Cultura felicita aos nenos e nenas laurentinos que participaron no concurso, destacando a calidade dos traballos presentados.

 

O CONCELLO ESTÁ REMATANDO AS OBRAS DE MELLORA EN VIARIOS MUNICIPAIS DAS PARROQUIAS DE SAN ADRIANO, SANTO TOMÉ E SANTA MARÍA

O Concello de Lourenzá está rematando as obras de mellora en varios viarios municipais das parroquias de San Adriano, Santo Tomé e Santa María.

A alcaldesa, Rocío López, anunciou hoxe que “o investimento total que se destinou para o mantemento destes viarios municipais é de 57.063 euros, dos cales 45.650 corresponden a unha achega da Deputación de Lugo con cargo ó Plan Provincial de Obras e Servizos mentres que o Concello aportou 11.413 euros de fondos propios”.

As Escolas voaron sobre o asfalto de Ribadeo para pechar un 2016 glorioso. Triunfos de Sheila Iglesias, Pedro Moirón, Carmen García, Aarón Millares, Claudia Graña, Iria Rguez., Carme Alonso e Aleix Díaz!!! San Silvestre 2016

San Silvestre Ribadeo:

 

Iniciación Masculina: 1º- Pedro Moirón. Raúl Pérez(4º) e David Díaz(11º)

Iniciación Feminina: 4ª- Carlota T. Menéndez.

Prebenxamín Masculina: 2º- Iago Longarela. Marcos Graña(17)

Prebenxamín Feminina: 1ª- Sheila Iglesias. 2ª- Andrea García. 3ª- Sara. S. Otero. Sara Terrón(11ª).

Benxamín Masculino: 1º- Aarón Millares. 3º- Carlos Docampo. Fabián Otero(5º)

Benxamín Feminino: 1ª- Iria Rguez. 2ª- Henar Méndez. 3ª- Aroa Glez. Noa Valiña(5ª), Miriam Vera(10ª), Emma García(11ª).

O CONCELLO INSTALOU UN BELÉN NO ANTIGO QUIOSCO DA MÚSICA, SITUADO NA PRAZA DO CONDE SANTO

O Concello de Lourenzá instalou un belén no antigo quiosco da música, situado na Praza do Conde Santo.

A alcaldesa, Rocío López, anunciou hoxe que “o Concello de Lourenzá preparou para estas datas de Nadal un belén de figuriñas, que está instalado no antigo quiosco da música, sito na Praza do Conde Santo. Está composto por pezas de madeira que representan as escenas do nacemento de Xesús e que se iluminan de noite xunto co alumeado de Nadal que loce nas rúas da localidade”.

Distribuir contido