Novas

Novas do Concello

O concello solicita 7 cursos para desempregados e asinará un convenio coa Consellería de Medio Ambiente para que este departamento da Xunta arranxe a Avenida de Soutelo cun investimento de 60.500 euros

Lourenzá, 27 de marzo de 2013. A comisión de goberno do Concello de Lourenzá aprobou a solicitude de sete cursos para desempregados e acordou iniciar o expediente para asinar un convenio coa Consellería de Medio Ambiente para o arranxo da avenida de Soutelo, obra na que a Xunta de Galicia investirá 60.500 euros.

O Concello e a parroquia de Santa María de Valdeflores asinaron un convenio que regula as visitas á igrexa, ao sarcófago do Conde Santo e ao Museo de Arte Sacra

Lourenzá, 26 de marzo de 2013. O Concello de Lourenzá, por medio da alcaldesa, Emma Álvarez Chao, asinou un convenio coa parroquia de Santa María de Valdeflores, a través do seu párroco, don Xosé Antonio Miguélez, “para permitir unhas visitas guiadas a todas aquelas persoas que queiran coñecer tanto a igrexa de Santa María, de Vilanova de Lourenzá, como o conxunto histórico do mosteiro de San Salvador, que está situado na mesma parroquia e que cumpre as funcións de templo parroquial.

A alcaldesa critica á Deputación Provincial por respostar con demoras á solicitude de firma do convenio co Concello sobre o denominado Camiño A. Este vial pasa polas parroquias de San Xorxe, Santo Tomé e San Adriano

Lourenzá, 25 de marzo de 2013. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, critica ao goberno da Deputación Provincial de Lugo por seguir demorando a firma do convenio co Concello sobre a titularidade da estrada coñecida como Camiño A, que pasa polas parroquias de San Xorxe, Santo Tomé e San Adriano.

Un centenar de persoas participaron onte, xoves, na charla-coloquio sobre a Lei de Montes de Galicia organizada polo Concello de Lourenzá para conmemorar o Día Forestal Mundial

Un centenar de persoas participaron onte, xoves, na charla-coloquio sobre a Lei de Montes de Galicia organizada polo Concello de Lourenzá para conmemorar o Día Forestal Mundial e que correu a cargo do subdirector xeral de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, Miguel Ángel Cela.

A Casa do Concello acolleu hoxe a presentación dun libro sobre o Pazo de Tovar. A alcaldesa, Emma Álvarez, destacou a importancia cultural e turística do edificio e agradeceu a colaboración do seu propietario.

Lourenzá, 22 de marzo de 2013. A Casa do Concello de Lourenzá acolleu hoxe a presentación do libro titulado El pazo de Tovar: espacios, perspectivas, tiempos. Durante o acto a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, destacou a importancia cultural e turística do edificio situado na parroquia de Santo Tomé e agradeceu a colaboración do seu propietario, José Ventoso.

Os alumnos de Primaria do Ceip Juan Rey, de Lourenzá, visitaron hoxe a exposición Mulleres no obxectivo

Os alumnos de Primaria do Ceip Juan Rey, de Lourenzá, visitaron hoxe a exposición Mulleres no obxectivo, composta por 23 imaxes de fotoxornalistas galegos, mostra que foi inaugurada con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres e que está aberta na Casa da Cultura de Lourenzá ata este venres, día 22. Recibiron as explicacións da técnica de Cultura do Concello, María José López Noceda.

Distribuir contido