A corporación municipal estreou hoxe nova ubicación para os plenos. Na sesión aprobouse a modificación do regulamento do Punto de Atención á Infancia e a declaración do 2013 como ano de Francisco Fernández del Riego
Lourenzá, 15 de febreiro de 2013. No pleno ordinario da corporación municipal de Lourenzá que se celebrou hoxe os concelleiros estrearon nova ubicación para as sesións, no salón de actos da Casa do Concello, e aprobaron a declaración de 2013 como ano dedicado a Francisco Fernández del Riego, con motivo do centenario do seu nacemento. Tamén acordaron modificar o regulamento do punto de atención á infancia “para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral”, explicou a portavoz do goberno municipal, Lupe Flórez.