Novas

CARREIRA EON CON RESULTADOS SORPRENDENTE E PARTICIPACIÓN II LIGA ESCOLAR FEDERADA

A sección de Atletismo ILUMINA A EON NIGHT RACE 2013 DE LUGO

De novo os atletas das E.D. Lourenzá Mondoñedo volveron a ser protagonistas dunha carreira popular, este caso en Lugo en plena Praza Maior.

Os resultados máis destacados foron:

- CATEGORÍA MENORES DE 7 ANOS MASCULINA:

o Ouro: Brais Díaz Salas

o Prata: Ian Méndez Piñeiro

o Bronce: David Martínez Janeiro.

A AULA DE FORMACIÓN DO MERCADO GANDEIRO ACOLLE UN CURSO DE TEAR CON DEZ PARTICIPANTES. REMATARÁ O DÍA 13 DESTE MES

Lourenzá, 4 de novembro de 2013. A aula de formación do mercado gandeiro de Lourenzá acolle un curso de tear promovido pola Deputación Provincial de Lugo. Conta con dez participantes e rematará o día 13 deste mes de novembro.

Esta actividade formativa, que está sendo impartida por Noela Feal Jiménez, desenvólvese os martes e os venres e terá unha duración total de 42 horas.