Novas

VI CERTAME DE TEATRO AFECCIONADO “CONCELLO DE LOURENZÁ” 2024

A Concellería de Cultura do Concello de Lourenzá convoca o VI CERTAME DE TEATRO AFECCIONADO “CONCELLO DE LOURENZÁ”. Poderán participar unicamente compañías ou grupos de teatro afeccionado e que superen un proceso previo de selección, admitíndose calquera tipo de xénero e empregando preferentemente a lingua galega en calquera das súas variantes dialectais. Os grupos interesados en participar deberán inscribirse nas oficinas municipais do Concello de Lourenzá ou por correo.

LOURENZÁ ACOLLE UNHA EXPOSICIÓN SOBRE OS CAMPOS DE CONCENTRACIÓN NAZIS, QUE PODERÁ VISITARSE ATA FINAIS DESTE MES.

Lourenzá, 22 de xuño de 2024. A Sala de Exposicións do Concello de Lourenzá alberga unha mostra sobre os campos de concentración nazis, que pode visitarse de luns a venres en horario de cinco a sete da tarde ata finais deste mes. Foi presentada pola alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; Vidal Martínez-Sierra, directivo da asociación Patrimonio Laurentino; e Miguel Freire, membro da Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica e un dos autores da exposición.

O DESFILE DO DOMINGO DE PIÑATA DE LOURENZÁ SERÁ O 17 DE MARZO

O desfile de Entroido de Lourenzá, que se celebra tradicionalmente o Domingo de Piñata, trasládase ao día 17 de marzo a partir das 16:30 horas. Foi aprazado o 18 de febreiro polas eleccións autonómicas e o 25 do mesmo mes debido ás adversas condicións meteorolóxicas.

APRAZADO O DESFILE DE ENTROIDO EN LOURENZÁ, PREVISTO PARA A TARDE DE HOXE, DOMINGO

O Concello de Lourenzá anuncia a suspensión do desfile de Entroido polo mal tempo previsto para a tarde de hoxe, domingo,: “debido ás condicións meteorolóxicas dende o Concello e a ACIAL vémonos na obriga de aprazar o desfile de Domingo de Piñata. Nos vindeiros días publicaremos a nova data”.

E engaden: “lamentamos ter que tomar esta decisión e pedimos desculpas polas molestias que se puideran ocasionar. Que o mal tempo non nos saque a ninguén a ilusión do Entroido. Vémonos en breve”.

O TRADICIONAL DESFILE DE ENTROIDO CAMBIASE PARA O 25 DE FEBREIRO PORQUE O DOMINGO DE PIÑATA COINCIDE COAS ELECCIÓNS AUTONÓMICAS

O Concello e a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL) anuncian que “o tradicional desfile de Domingo de Piñata de Lourenzá trasládase para o 25 de febreiro, con carácter excepcional. Este cambio na data ven motivado pola celebración das eleccións autonómicas que terán lugar o 18 de febreiro, coa finalidade de garantir un bo funcionamento de ambas xornadas. Esta modificación só afectará a este ano e nos vindeiros seguirá celebrándose na súa data habitual, igual que sempre”.