Novas

O CONCELLO ELIMINA BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS NO CASCO URBANO DE VILANOVA

Lourenzá, 9 de febreiro de 2023. O Concello de Lourenzá iniciou as obras incluídas no proxecto de eliminación de barreiras arquitectónicas no entorno do casco urbano de Vilanova. A alcaldesa, Rocío López, e o concelleiro de Obras, Javier Huertas, visitaron hoxe, xoves, os lugares onde se están desenvolvendo eses traballos.

O LIBRO 'FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, UN LOITADOR POLA IDEA DE GALICIA', DE MALORES VILLANUEVA, SERÁ PRESENTADO NO PAZO DE TOVAR ESTE SÁBADO

O libro titulado Francisco Fernández del Riego, un loitador pola idea de Galicia, escrito por Malores Villanueva Gesteira, será presentado no Pazo de Tovar este sábado, 4 de febreiro, ás 18:00 horas.

Ademais da autora da publicación, no acto participarán a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e Xosé Luis Fernández Rivera, membro da Mesa Coordinadora Don Paco.

Esta presentación está organizada polo Concello de Lourenzá, a Mesa Coordinadora Don Paco e Editorial Galaxia.

A REEDICIÓN DO LIBRO LOURENZÁ, DE FERNÁNDEZ DEL RIEGO, SERÁ PRESENTADA NO SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO O MARTES 31 DE XANEIRO.

Lourenzá, 28 de xaneiro de 2023. A reedición do libro titulado Lourenzá, escrito por Francisco Fernández del Riego, será presentada no salón de actos do Concello de Lourenzá o vindeiro martes, 31 de xaneiro, ás 20 horas. Esta obra de Fernández del Riego foi reeditada polo Concello de Lourenzá e Editorial Galaxia.

No acto participarán a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García; Manuel Román Ramos, historiador estudoso da obra de Del Riego; e o director xeral de Editorial Galaxia, Francisco Castro.