Novas

O RECINTO FEIRAL DE VILANOVA ACOLLE UNHA FESTA MAGOSTO ESTE SÁBADO 26

O recinto feiral de Vilanova de Lourenzá acollerá unha festa magosto este sábado, 26 de novembro.

As actividades empezarán ás 16:30 horas con talleres de outono para os nenos e nenas que se desenvolverán ata as 18 horas, cando haberá merenda con chocolatada. E ás 19 horas farase un bingo familiar.

ESTE DOMINGO REMATAN AS REPRESENTACIÓNS DAS OBRAS PRESENTADAS A CONCURSO NO IV CERTAME DE TEATRO AFECCIONADO CONCELLO DE LOURENZÁ

Lourenzá, 23 de novembro de 2022. Este domingo, 27 de novembro, rematan as representacións das obras presentadas a concurso no IV Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá. Será coa obra O documento, do grupo Ollomao, de Barreiros. O horario da representación, que foi modificado respecto á programación inicial, será ás 18:30 horas no multiusos Ponte de Cuñas.