Novas

O LIBRO LUME ACESO, DE MANUEL ROMÁN E XOSÉ LÓPEZ, PRESÉNTASE NO SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO ESTE XOVES. HABERÁ MÚSICA A CARGO DE LINO RICO E RECITAL POÉTICO DE ESPERANZA PÉREZ

Este xoves, día 11, ás 20:00 horas no salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá presentarase o libro Lume aceso, de Manuel Román Ramos (Manolo de Cartas) e Xosé López González (Pepe de Celeirao).

Ademais dos autores no acto intervirá a alcaldesa, Rocío López García, e haberá unha colaboración musical a cargo de Lino Rico Fernández e un recital poético de Esperanza Pérez Camba.

PRESENTADO O CARTAZ ANUNCIADOR DAS ACTIVIDADES QUE SE VAN CELEBRAR EN LOURENZÁ CO GALLO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS. É OBRA DO ARTISTA HIPÓLITO XEADA.

Lourenzá, 6 de maio de 2023. Hoxe, sábado, tivo lugar a presentación do cartel anunciador das actividades que se van a celebrar en Lourenzá co gallo do Día das Letras Galegas dedicado ao laurentino Francisco Fernández del Riego. É obra do pintor mariñán Hipólito Xeada, que estivo acompañado no acto pola alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e varios membros da Mesa Coordinadora Don Paco.

ESTA SEMANA SANTA EN LOURENZÁ HABERÁ O FESTIVAL VILOU SPRING, O XV TORNEO DE BASKET FEMININO E A OITAVA CONCENTRACIÓN DE VEHÍCULOS CLÁSICOS.

Lourenzá, 31 de marzo de 2023. Esta Semana Santa en Lourenzá haberá o Vilou Spring Fest, no que actuarán a orquestra Panorama e Grupo Beatriz; a oitava concentración de vehículos clásicos VespaFaba & Clásicos e o XV torneo de baloncesto feminino Lourenzá en Xogo, que se recupera despois de non celebrarse durante a pandemia. Os tres eventos empezarán o día 6 de abril, Xoves Santo, e foron presentados conxuntamente nun acto que contou coa participación da alcaldesa, Rocío López, e representantes das organizacións das tres actividades.