Novas

ESTE SÁBADO, 1 DE ABRIL, PRESÉNTASE EN SANTO ADRAO UN LIBRO DE RAMÓN NICOLÁS SOBRE DEL RIEGO E PROXECTARASE O AUDIOVISUAL DON PACO VOLVE A LOURENZÁ

A Casa dos Veciños da parroquia de Santo Adrao acollerá este sábado, 1 de abril, ás 19 horas a presentación do libro de Ramón Nicolás titulado Francisco Fernández del Riego, vida e obra dun obreiro do galeguismo. Ademais proxectarase o audiovisual Don Paco volve a Lourenzá, de Arraianos Producións.

Este acto, incluído na programación para celebrar as Letras Galegas 2023 dedicadas a Fernández del Riego, está organizado pola Mesa Coordinadora Don Paco e o Concello de Lourenzá coa colaboración da Real Academia Galega, a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.

FORMALIZADO O CONTRATO DE OBRAS PARA "REGENERACIÓN DEL PAVIMENTO DEL ACCESO QUE DISCURRE DESDE LAS INMEDIACIONES DE LA LU-132 HASTA A PONTE DE CUÑAS SOBRE O RÍO BAOS"

Con data 3 de marzo do 2023 formalizouse o contrato de obras entre o Concello de Lourenzá e D. Isidro Otero Bello en representación de Construcciones Isidro Otero S.L. para a que se concedeu unha subvención pola Excma. Deputación Provincial de Lugo ao abeiro do Plan Único 2022 por importe de setenta e cinco mil setecentos dezaseis euros con cincuenta e seis (75.716,56).