Novas

O PASADO SÁBADO O 21 DE SETEMBRO DE 2013 A ASOCIACIÓN DE SENDEIRISMO TERRAS DE LOURENZÁ ORGANIZOU UNHA ANDAINA POLA RUTA DO CARES

O pasado sábado 21 de Setembro de 2013, a Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá, organizou unha ruta que ningún sendeirista debería deixar de facer, a Ruta do Cares. Nela participaron unhas 40 persoas, que tras percorrer uns 23, 5 km aproximadamente cruzaron de Posada de Valdeón a Poncebos, repoñendo forzas en Caín. A ruta tivo, como non podía ser doutro xeito, unha gran aceptación e os sendeiristas deron fe da preciosidade da mesma e os encantos que esconde, magnificados polo impresionante dia do que se disfrutou.

MAIORES VECIÑOS DO CONCELLO DE LOURENZÁ ASISTIRON A UN OBRADOIRO DE LECTURA E ESCRITURA EN GALEGO

Maiores veciños do concello de Lourenzá asistiron a un obradoiro de lectura e escritura en galego organizado polo Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Concellos da Mariña Luguesa durante este mes de setembro. Este obradoiro impartiuno a técnico do servizo, que é a licenciada en filoloxía galego-portuguesa Mª Luz Pérez Goás, quen explicou que “a finalidade era crear un espazo onde as persoas de entre 60 e 80 anos puidesen compartir o pracer da lectura e da escritura en lingua galega.

A ALCALDESA ACEPTA A COLABORACIÓN DA DEPUTACIÓN DE LUGO PARA A FESTA DA FABA DESPOIS DAS CONVERSAS MANTIDAS NAS ÚLTIMAS HORAS CO DEPUTADO ÁLVARO SANTOS

Lourenzá, 20 de setembro de 2013. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, aceptou a colaboración ofrecida pola Deputación de Lugo, que non inclúe achega económica, para a vindeira edición da Festa da Faba, que se celebrará do 4 ao 6 de outubro. A rexedora tomou esta decisión despois das conversas telefónicas que mantivo nas últimas horas co deputado delegado da Área de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Álvaro Santos Ramos. Pero Emma Álvarez mantén que as axudas económicas do organismo provincial para os diferentes eventos deberían ser equitativas.