Novas

O Concello proxecta mellorar alumeados públicos cun investimento de 24.000 euros. Xuntouse con A Pontenova e Trabada para optar a maior subvención da Xunta

Lourenzá, 13 de abril de 2013. A comisión de goberno do Concello de Lourenzá acordou solicitar unha subvención á Xunta de Galicia, concretamente ao Inega, para aforro enerxético. Neste campo o goberno municipal proxecta investir 24.000 euros para mellorar dous alumeados públicos, os de Pedrón e Villapol. Co obxectivo de poder optar a maior porcentaxe de subvención o Concello de Lourenzá xuntouse cos de A Pontenova e Trabada, que entre os tres prevén un investimento total de 73.365 euros.

Nace a "Asociación de Senderismo Terras de Lourenzá"

No día de onte naceu unha nova asociación no municipio de Lourenzá. Promovida polo Concello e as Escolas Deportivas, no Salón de Actos do Concello tivo unha xuntanza onde se constituíu a "Asociación de Senderismo Terras de Lourenzá".

O Concello e a Asociación de Comerciantes organizan un certame de narración e debuxo sobre Lourenzá para alumnos de primaria e secundaria da Mariña. A idea xurdiu do propietario da Pastelería Cabaleiros que ademais é o patrocinador

Lourenzá, 5 de abril de 2013. O Concello e a asociación de comerciantes, industriais e autónomos de Lourenzá (Acial) co patrocinio de Pastelería Cabaleiros, cuxo propietario é Isidro Rodríguez Loredo, convocan a primeira edición dun certame de narración e debuxo denominado “Lourenzá, arte e historia no camiño”.