Novas

O Secretario Xeral de Medio Rural e Montes amosóuse interesado no proxecto de crear unha cooperativa comercializadora para a Faba de Lourenzá. Emma Álvarez amósase satisfeita do encontro mantido esta tarde con Tomás Fernández-Couto

Lourenzá, 20 de decembro de 2012. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez, saiu moi satisfeita da xuntanza que mantivo esta tarde en Santiago co secretario xeral de Medio Rural e Montes. Tomás Fernández-Couto amosóuse moi interesado no proxecto de creación dunha cooperativa comercializadora para a faba de Lourenzá.

Un arquitecto da Xunta visitará Lourenzá en xaneiro para proxectar a creación dun campo de fútbol que se destinará ao adestramento dos equipos que hai no municipio

Lourenzá, 20 de decembro de 2012. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, reuniuse esta mañá en Santiago co secretario xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete Lasa, para analizar a construción dun campo de fútbol para adestramento dos equipos que hai no municipio. Esa instalación será de herba natural, en vez da sintética que estaba prevista inicialmente e que agora se descarta debido ao seu elevado custo. Para preparar o proxecto un arquitecto da Xunta desprazarase a Lourenzá no vindeiro mes de xaneiro.

OS ALUMNOS DO TALLER DE MEMORIA PARTICIPARON NUNHA FESTA DE NADAL, NA QUE HOUBO REGALOS, CHOCOLATADA E PANXOLIÑAS

Lourenzá, 19 de decembro de 2012. 42 alumnos do taller de memoria do Concello de Lourenzá participaron na festa de Nadal celebrada onte, martes.

No festexo os asistentes repartiron regalos entre eles co sistema do amigo invisible, tomaron chocolatada con roscón, brindaron cunha copa de sidra e cantaron panxoliñas.

No acto participaron a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, e a concelleira de Educación, Cultura e Turismo, Lupe Flórez Seivane.