Noticias

O CONCELLO AXUDARÁ NOS TRÁMITES PARA CONSTITUÍRSE COMO MONTE DE VARAS AOS PROPIETARIOS DOS TERREOS DE CANEDO AFECTADOS POLO PASO DA LIÑA ELÉCTRICA BOIMENTE-PESOZ

Lourenzá, 12 de agosto de 2013. O Concello de Lourenzá axudará nos trámites que deberán facer os propietarios de terreos de Canedo afectados polo paso da liña eléctrica Boimente-Pesoz para constituírse como monte de varas. Esta foi unha das conclusións da xuntanza organizada polo Concello na que participou a avogada Pilar Orol.

MOCIÓN RELATIVA A TRANSFERENCIA DA ESTRADA MUNICIPAL COÑECIDA COMO “CAMIÑO A” DA ZONA DE CONCENTRACIÓN PARCELARIA LOURENZÁ SUR

D. Cesar Docampo Fernández, na súa calidade de voceiro do Grupo Municipal do Nacionalista, Dona Rocío López García, na súa calidade de voceira do Grupo Municipal Socialista e Dona Guadalupe Flórez Seivane, na súa calidade de voceira do Grupo Municipal Popular, ó abeiro da lexislación vixente, presenta, para o seu debate e aprobación se procede na vindeira sesión ordinaria que celebre a corporación municipal, a seguinte

O PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL TRATARÁ UNHA MOCIÓN PARA ESTABLECER UNHA PARTIDA DE 200 EUROS ANUAIS DO CONCELLO DESTINADA Á SOCIEDADE HIJOS DE LORENZANA EN LA HABANA

Lourenzá, 8 de agosto de 2013. A corporación municipal de Lourenzá tratará no pleno que se celebrará o día 16 deste mes unha moción para aprobar o establecemento dunha partida anual de 200 euros do Concello destinada á sociedade Hijos de Lorenzana en La Habana. Anunciouno hoxe a concelleira de Cultura e portavoz do goberno municipal, Lupe Flórez Seivane.

A ASOCIACIÓN DE SENDEIRISMO TERRAS DE LOURENZÁ, ORGANIZOU ESTE DOMINGO DÍA 04 DE AGOSTO DE 2013 UNHA RUTA DENDE A PONTE DA ESPIÑEIRA ATA A AREA RECREATIVA DE A CAZOLGA

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá, organizou este domingo día 04 de Agosto de 2013 unha Ruta dende a Ponte da Espiñeira ata a Area Recreativa de A Cazolga, unha ruta duns 12 km aproximadamente e de dificultade baixa. O día estivo perfecto para camiñar e a ruta permitiu aos sendeiristas desfrutar da natureza no seu estado máis puro xa que todo o percorrido transcorreu por unha fermosa paisaxe ao son do Río Masma.