OS NENOS E NENAS DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA MENIÑOS DESPEDIRON O CURSO ESCOLAR CUNHA FESTA NA ÁREA RECREATIVA DE A CAZOLGA
Enviamos foto dos nenos e nenas do Punto de Atención á Infancia Meniños, de Lourenzá, que despediron o curso escolar cunha festa na área recreativa de A Cazolga. Xunto ás súas familias e as educadoras do centro, pasaron una divertida tarde de xogos e compartiron unha merenda para poñerlle punto final ao presente curso escolar e iniciar as vacacións de verán durante este mes de agosto. O centro educativo reabrirá o martes 3 de setembro, xa que o luns 2 de setembro é festivo local en Lourenzá.