Noticias

TURISMO DE GALICIA E A MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA MARIÑA ASINARON HOXE UN CONVENIO DE COLABOARACIÓN PARA POTENCIAR O CARÁCTER DIFERENCIAL DA MARIÑA COMO DESTINO TURÍSTICO

Foz (Lugo), 15 de xullo de 2013.- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e mais o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense, Alfonso Fuente Parga, acompañados da delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, e mais do alcalde da localidade, Javier Castiñeira asinaron hoxe en Foz un convenio de colaboración para a realización de actividades de promoción turística no destino.

CONCERTO OFRECIDO POLO GRUPO DE ACORDEÓNS DE VIVEIRO NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DO CONCELLO DE LOURENZÁ

Presentámosvos dúas fotos do concerto ofrecido polo grupo de acordeóns de Viveiro no salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá onte, domingo. Da agrupación que dirixe Lino Rico forman parte tamén David Rodríguez, Ángeles Cuadrado, Herminio Pernas e Esperanza Pérez. Interpretaron un variado repertorio de temas musicais diante dun numeroso público e incluso actuou a alcaldesa laurentina, Emma Álvarez Chao, que interpretou un pasodobre xunto a Lino Rico.

O CONCELLO EMPEZARÁ OS TRÁMITES PARA SOLICITAR A RECUPERACIÓN OFICIAL DO TOPÓNIMO CANEDO DESPOIS DE ACORDARSE POR UNANIMIDADE NA REUNIÓN VECIÑAL CELEBRADA ONTE

Lourenzá, 15 de xullo de 2013. O Concello de Lourenzá empezará os trámites para solicitar ao Instituto Nacional de Estadística (INE) a recuperación oficial do topónimo Canedo, despois de acordarse por unanimidade na reunión veciñal celebrada onte. Anunciouno hoxe a alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, quen tamén comentou que algúns dos asistentes a esa xuntanza aproveitaron para pedir información sobre a liña eléctrica Boimente-Pesoz, que pasará por esa zona.