A CORPORACIÓN LOCAL RECIBIRÁ MAÑÁ A REPRESENTANTES DA ASOCIACIÓN HIJOS DE LORENZANA EN LA HABANA. NO MESMO ACTO SERÁN COLGADOS NO SALÓN DE SESIÓNS MUNICIPAL UN CADRO DEDICADO A ESE COLECTIVO E OUTRO DE ÁNGEL HERMIDA, POR SER FILLOS PREDILECTOS DO CONCELLO
Lourenzá, 1 de xullo de 2013. A corporación local de Lourenzá ofrecerá mañá, martes, ás doce do mediodía unha recepción a representantes da asociación Hijos de Lorenzana en La Habana que están estes días visitando A Mariña. No mesmo acto colgaranse no salón de sesións municipal un cadro dedicado a ese colectivo e outro de Ángel Hermida, por ser fillos predilectos do concello.