Novas

Novas do Concello

O CONCELLO DE LOURENZÁ ORGANIZA UNHA VIAXE A ARDEBULLO, AS CANTEIRAS MUCHA E NUCHA INVÍTANNOS Á SÚA CASA, A CASA DA CONEXA

O Concello de Lourenzá organiza unha viaxe a Ardebullo, as Canteiras Mucha e Nucha invítannos á súa casa, a Casa da Conexa; asistindo de público á grabación dun dos seus programas o vindeiro mércores 30 de Xullo.

Se conseguimos encher un autobús grande, 45-55 persoas, Mucha e Nucha págannos o bus, polo contrario, teremos que asumir entre todos o coste do bus.

O prazo para apuntarse remata o vindeiro mércores 23, chamando ao teléfono 982121006 (Pepe).

O CONCELLO ORGANIZA UNHA VIAXE AO PARQUE ACUÁTICO DE CERCEDA PARA O 8 DE AGOSTO. PODERÁN PARTICIPAR NEN@S DE MÁIS DE SEIS ANOS E OS SEUS FAMILIARES. A INSCRIPCIÓN ESTÁ ABERTA ATA O DÍA 1

Lourenzá, 16 de xullo de 2014. O Concello de Lourenzá organiza unha viaxe ao parque acuático de Cerceda para o día 8 de agosto, venres. A actividade está dirixida a nenos e nenas de máis de seis anos e as inscricións poden levarse a cabo ata o día 1 de agosto na Casa do Concello en horario de mañá e na Biblioteca Municipal en horario de tarde.

FIN DE SEMANA DE SENDEIRISMO POR ASTURIAS, OS DÍAS 12 E 13 DE XULLO

Aínda coa resaca dunha fin de semana intensa coa ruta de Burela (Serra do Buio-Monte Castelo) e Todos Cara Tovar (Ruta Pena do Castelo), estamos xa a pensar na vindeira andaina, que xa non queda nada. Trátase da SENDA DO OSO, A RUTA DAS XANAS E A SENDA DO VALDOLAYÉS, en Asturias. Por primeira vez, a Asociación de Sendeirismo Terrás de Lourenzá anímase a organizar unha ruta de fin de semana pernoctando fóra, e a zona elixida foi o noso "país" veciño, Asturias. Como podedes comprobar no programa trátase dunha fin de semana moi entretida.

O CONCELLO DE LOURENZÁ POÑERÁ EN MARCHA O PRÓXIMO 15 DE XULLO OS CURSOS DE NATACIÓN PARA NEN@S MAIORES DE SEIS ANOS. AS ACTIVIDADES DURARÁN ATA O 15 DE AGOSTO E LEVARANSE A CABO NA PISCINA MUNICIPAL

A Concelleira de Educación e Cultura de Lourenzá, Lupe Flórez  Seivane, foi a encargada de anunciar a posta en marcha dos cursos de natación que se levarán a cabo, entre o 15 de xullo e o 15 de agosto, na piscina municipal. Neles poderán participar “tódolos nenos maiores de seis anos, ou ben que os vaian a cumprir neste ano 2014”, tal e como explicou Flórez.

Distribuir contido