Novas

Novas do Concello

Trofeazo na carreira absoluta de Friol para as nosas guerreiras Cadetes con un 3º posto por equipos (Ana, Mariña, Uxía, Carme e Marta)!!! Ademáis, títulos individuais para Manu Rguez. en infantil e Hugo López en alevín máis un bronce para Henar !!!

Nova actuación sorprendente nunha proba a de Friol onde sempre somos moi ben tratados e onde disfrutamos o pasado domingo dun excelente día de competición.

Alevín:

Triunfo de Hugo López no apartado masculino e bronce para Henar Méndez.

Infantil:

Triunfo de Manu Rguez. e 5ª posición para Ian Méndez.

Absoluta:

O CONCELLO ORGANIZA UNHA ACTUACIÓN DE CONTACONTOS PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO ESTE VENRES, DÍA 27

O Concello de Lourenzá organiza unha actuación de contacontos para celebrar o Día do Libro este venres, día 27.

O concelleiro Manuel Arango Ron anunciou que “este venres, 27 de abril, co gallo de celebrar o Día do Libro a Concellería de Cultura organiza a actuación dunha contacontos, Celtia Figueira Ramas, co espectáculo Contacontos na primavera. Será no salón de actos do Concello ás 18:30 horas e está dirixido a nen@s de 3 a 12 anos”.

Duatlon: "O Debut en Provincial Soñado". Henar e Ian Méndez, Campións Provinciais benxamín e alevín!!! Maderas Naciente, novo patrocinador da sección!!!

Debutou con éxito absoluto a sección de duatlon das Escolas nun Campionato Provincial con dous títulos.

Na categoría benxamín, Henar Méndez impoñíase na proba coa súa compañeira Emma García alcanzando a 4ª posición a moi poucos segundos do podium e despois de remontar logo dunha caída.

En alevín masculino, Ian Méndez gañaba con moita suficiencia a proba sendo o seu compañeiro David Martínez 10º clasificado.

Distribuir contido