Novas

ROBERTO RAMALLAL, NOVO TÉCNICO DO 1º EQUIPO DAS E.D. LOURENZÁ

Roberto Ramallal estará a vindeira temporada ó fronte do 1º equipo de fútbol das Escolas Deportivas Lourenzá. O que fóra esta temporada técnico do Castro en Preferente comprometeuse esta vindeira temporada coa directiva e secretaría técnica do clube para intentar guiar a nave roxiblanca de novo a 1ª autonómica.
Roberto Ramallal coincide que ten experiencia en segunda autonómica pois fai dous anos dirixiu ó Iberia nesta categoría alcanzando o ascenso ó final da mesma temporada.