BARREIROS, LOURENZÁ E TRABADA CONTARÁN CUN DOS CATRO OBRADOIROS DE EMPREGO DA MARIÑA NOS QUE A XUNTA INVISTE 710.000 EUROS
A Consellería de Traballo e Benestar destinará á comarca da Mariña un total de 710.000 euros para desenvolver 4 obradoiros de emprego que poderán beneficiar a 80 persoas sen emprego. Así o destacou hoxe en Foz a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, na entrega de diplomas do programa mixto de formación e emprego ‘Pico do Castro. Ao acto tamén asistiu a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias.