Novas

COMEZAN OS PREPARATIVOS DA FESTA DA FABA 2014 COA CONVOCATORIA DO CONCURSO PARA ELIXIR O CARTEL ANUNCIADOR DO EVENTO. NESTA OCASIÓN O CERTAME É ABERTO A PARTICIPANTES DE TODAS AS IDADES E O PRAZO PARA PRESENTAR TRABALLOS REMATA O 21 DE XULLO

Comezan os preparativos de cara á Festa da Faba 2014 coa convocatoria do concurso para elixir o cartel anunciador do evento, que se celebrará os días 4 e 5 de outubro. Nesta ocasión o certame é aberto a participantes de todas as idades e o prazo para a presentación de traballos rematará o 21 de xullo.

ÉXITO DA FESTA DE CLAUSURA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS


 Espectacular o ambiente de festa vivido na Clausura desta temporada. Con  preto de 600 comensais para a cea baile, a directiva das Escolas fixo un traballo impresionante para que todo o mundo disfrutara ata as tantas da madrugada dun fin de festa digno de mención.